Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai público o acordo de reordenación dos polígonos de viveiros fluctuantes de Vilagarcía de Arousa «A», «B», «C», «D», «E», «F», «G», «H» e «I».

Ponse en coñecemento de tódolos interesados no procedemento de revisión e reordenación dos polígonos de bateas «A», «B», «C», «D», «E», «F», «G», «H» e «I» do distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, declarado de interese marisqueiro e urxente execución por ordes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 5-2-1986 (DOG nº 226) e 23-1-1987 (DOG nº 25) segundo o regulado no Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, que por proposta da Comisión de Revisión e Reordenación da provincia de Pontevedra, na súa reunión do día 22-2-1996, apróbase o acordo de reordenación dos citados polígonos, que se exporá ó público mediante avisos inseridos por unha soa vez no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como por tres días consecutivos nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Delegación Territorial

de Vigo, Delegación Comarcal de Carril e Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa, Vilaxoán e Rianxo.

O acordo de reordenación estará á disposición de tódolos interesados nos seguintes locais:

-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Servicios Centrais, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Delegación Territorial de Vigo, Palma nº 4, Ed. Cambón, Vigo.

Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, Alto da Rosa, Carril.

-Confrarías de pescadores.

Confraría de Vilanova, O Castro, s/n, Vilanova de Arousa.

Confraría de Vilaxoán, Doutor Vázquez Leis, 16, Vilaxoán.

Confraría de Rianxo, Manuel Antonio, 16, Rianxo.

-OPMAR, Praza Xoan XXIII, 8-1º D, Vilagarcía de Arousa.

-PROMEGA, Concepción Arenal, 4 Ofc. A, Vilanova de Arousa.

-Rías Baixas, Ourense, 5-3º, Cambados.

O prazo de exposición será de trinta días, contados desde o seguinte ó da inserción do último aviso, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 423/1993.

Contra o acordo de reordenación, os interesados poden interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, dentro do prazo dun mes, contado desde a finalización do

prazo de exposición, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

1508