Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de equipamento complementario para a residencia da terceira idade de Oleiros.

Obxecto: equipamento complementario para a residencia da 3ª idade de Oleiros.

Orzamento de licitación: 7.162.000 ptas.

Garantía provisional: 143.240 ptas.

Prazo de execución: 20 días.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, ou nas delegacións provinciais da Conse

llería de Sanidade e Servicios Sociais nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas durante o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Documentación que presentarán os licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación económica: a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: o sinalado na cláusula 7 da folla de especificacións.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

1529