Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (clave OH.327.246 e dúas máis).

A) Obra.

1. Mellora da rede de saneamento de Conturiz e Nadela-primeira fase (Lugo.

Clave: OH.327.246.

Orzamento: trinta e seis millóns oitocentas catorce mil cincocentas cincuenta e cinco pesetas (36.814.555).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: 736.291 ptas.

2. Impulsión na Muxueira, térmo municipal de Riotorto (Lugo).

Clave: OH.227.247.

Orzamento: vinteún millóns duascentas sesenta e tres mil trescentas trinta e oito pesetas (21.263.338).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisinal: 425.267 ptas.

3. Colector e EDAR de Riotorto (Lugo).

Clave: OH.327.248.

Orzamento: vintenove millóns seiscentas vinteseis mil setenta e tres pesetas (29.626.073).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: 592.521 ptas.

(Declaradas urxentes de acordo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen os licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentacion de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do decimoquinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións sería realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9601515