Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de febreiro de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (praza número 011/1996 e seis máis).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 46, do martes, 5 de marzo de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 1.833, no anexo I, na praza número 15/1996, onde di: «Área de coñecemento á que corresponde: didáctica e organización escolar», debe dicir: «Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa».

869