Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.365

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 19 de febreiro de 1996, do tribunal cualificador do concurso-oposición, para o ingreso na categoría de telefonista de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

O apartado 6 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal deberá publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptada unha decisión ó respecto polo tribunal encargado de cualifica-lo dito concurso-oposición para o acceso á categoría de telefonista, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o vindeiro día 29 de marzo de 1996, comezando o chamamento único dos opositores por orde alfabética en cada mesa de entrada ás nove horas. Excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta da convocatoria.

Segundo.-Igualmente, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria, o dito exercicio realizarase de xeito simultáneo nas dúas sedes que a continuación se relacionan:

-A Coruña: edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente).

-Vigo: recinto feiral de Cotogrande (ó lado do aeroporto de Peinador).

Terceiro.-A sede asignada a cada aspirante é a que figura na lista definitiva de aspirantes publicada por Resolución do 25 de xaneiro de 1996 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 23, do 1 de febreiro).

Cuarto.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Quinto.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta a) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas a razón de 0,15 puntos por cada unha.

Sexto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Diego Bernal Llorente

Presidente do Tribunal

96-1838