Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de marzo de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo do corpo facultativo superior, especialidade de enxeñeiros de telecomunicacións (grupo A), vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Estando vacante un posto de traballo do corpo facultativo superior da administración especial da Xunta de Galicia, especialidade de enxeñeiros de telecomunicacións (grupo A) na Consellería de Industria e Comercio, e sendo urxente a súa cobertura por razón das necesidades do servicio, apreciada pola comisión de persoal da Xunta de Galicia, en sesión celebrada o día 28 de febreiro, unha vez emitido o preceptivo informe previsto no artigo 7.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería, en uso das facultades conferidas polo artigo 13 da dita lei dispón a cobertura do posto de traballo, de acordo coas seguintes

BASES:

Primeira.-Obxecto.

A finalidade desta convocatoria de proceso selectivo é a cobertura de 1 praza do corpo facultativo superior da administración especial da Xunta de Galicia, especialidade de enxeñeiros de telecomunicacións (grupo A) vacante na Consellería de Industria e Comercio, mediante o nomeamento de persoal interino previsto no artigo 7 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, que cesará no seu posto logo de que a súa praza sexa cuberta por un funcionario con carácter definitivo ou por medio dunha adscrición provisional ou desapareza aquela da correspondente relación de postos de traballo.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para seren admitidos no proceso selectivo, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade.

c) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Estar en posesión do título, ou acreditar fidedignamente ser enxeñeiro de telecomunicacións.

e) Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

Os requisitos sinalados deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Encoméndaselle á Consellería de Industria e Comercio a elaboración da relación de aspirantes admitidos e excluídos e a realización e cualificación do proceso selectivo.

Cuarta.-Proceso selectivo.

O proceso selectivo constará das seguintes fases:

A) Fase de valoración de méritos:

Ós aspirantes admitidos valoraránselle-los seguintes méritos:

a.1. Servicios prestados na Xunta de Galicia no mesmo corpo e especialidade: 0,15 puntos/mes.

a.2. Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas no mesmo corpo e especialidade, e referido ós últimos cinco anos: 0,10 puntos/mes.

A suma dos apartados a.1 e a.2 non poderá exceder de 5 puntos.

a.3. Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade ou INEM, e relacionado coas funcións propias do corpo ou escala (máximo 2 puntos): 0,20 puntos/curso.

a.4. Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

-Título de doutor: 2 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,5 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1 punto.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,5 puntos.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

a.5. Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

-Grao de iniciación: 0,5 puntos.

-Grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que a acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Linguística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

a.6. Por cada mes acreditado como demandante de emprego (máximo 1 punto): 0,01 puntos/mes.

B) Fase de probas selectivas.

O programa que rexerá nas probas selectivas é o que figura no anexo I desta convocatoria.

b.1. Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas con respostas alternativas propostas polo tribunal sobre o temario que figura no anexo I.

O tempo máximo para realizar esta proba será de 60 minutos. Cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos.

b.2. Segundo exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na resolución dun suposto teórico-práctico proposto polo tribunal e que terá relación coa parte específica do temario.

O tempo máximo para realizar esta proba será de dúas horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos.

b.3. Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na traducción dun texto do galego ó inglés e outro do inglés para o galego, propostos polo tribunal nun tempo máximo de 1 hora. Cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superaralo obter como mínimo 5 puntos.

Os aspirantes presentaranse para a realización de cada un dos exercicios provistos do DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade á xuízo do tribunal.

Os exercicios celebraranse a porta pechada sin máis asistencia cá dos aspirantes, membros do tribunal e os colaboradores designados por el. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación acadada na fase de valoración de méritos máis a obtida en cada unha das distintas probas.

De producirse empate de puntuación entre varios aspirantes resolverase a favor do aspirante que acadase a maior puntuación no segundo e sucesivos exercicios. De persisti-lo empate, resolverase a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde do alfabeto.

Para a realización do segundo e terceiro exercicios, os aspirantes serán convocados polo tribunal, cunha antelación mínima de 48 horas á data de celebración destes, mediante un anuncio que se expoñerá no mesmo lugar de celebración do exercicio anterior e por aqueles outros medios que o tribunal considere oportuno.

Quinta.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar instancia, segundo o modelo que figura como anexo II á presente orde, no rexistro xeral das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Industria e Comercio, no das súas delegacións e oficinas comarcais, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Coa instancia deberá xuntarse fotocopia do DNI e

xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

2. Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 9.180 ptas., e se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Industria e Comercio, e nos das súas delegacións provinciais, debendo encherse cos códigos que figuran no referido anexo III.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

A Consellería de Industria e Comercio elaborará unha relación de aspirantes admitidos e excluídos, que será publicada nos taboleiros de anuncios da mesma consellería e nos das súas delegacións provinciais, e poderase formular contra ela reclamación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da publicación. Transcorrido o dito prazo, a Consellería de Industria e Comercio publicará no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de admitidos e excluídos.

Por medio do dito anuncio convocaranse os aspirantes admitidos á realización do primeiro exercicio, e indicarase día, hora e lugar de celebración.

Sétima.-Tribunal.

O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado pola Consellería de Industria e Comercio, e formará parte del un representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública, proposto polo director xeral da Función Pública, e un representante dos funcionarios da Comunidade Autónoma proposto polas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial dos funcionarios. A súa composición farase pública por medio do anuncio que se cita na base anterior.

Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, o tribunal ten a categoría primeira.

O tribunal poderá nomear asesores especialistas que lle presten a súa colaboración na realización das probas.

Oitava.-Resolución.

No prazo máximo dun mes a partir do remate das probas o tribunal elevará ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de nomeamento do aspirante que resulte seleccionado e publicará nos taboleiros de anuncios que se citan na base sexta a súa relación.

Novena.-Toma de posesión.

O aspirante que resulte seleccionado será nomeado interino do grupo A, corpo facultativo superior de Administración especial, especialidade de enxeñeiro

de telecomunicacións da Xunta de Galicia e deberá achegar na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo máximo de 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, os documentos que a seguir se relacionan:

a) Fotocopia cotexada do DNI.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado por medio de expediente disciplinario do servicio de calquera administración pública e de que non foi inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

c) Fotocopia cotexada do título requirido na convocatoria.

d) Certificado médico oficial acreditativo de que non padece enfermidade e, no caso de estar afectado por algunha limitación física ou psíquica, certificado expedido polo órgano competente acreditativo de que tal limitación é compatible co desempeño das correspondentes funcións.

Se no citado prazo non presenta a documentación ou o fai de xeito incompleto, perderá tódolos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

A toma de posesión realizarase no prazo de 5 días a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación da documentación polo aspirante nomeado.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

TEMARIO

Parte general.

Tema 1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade galega.

Tema 3. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do goberno. O valedor do pobo.

Tema 4. A Administración Pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica das consellerías.

Tema 5. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

Tema 6. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

Tema 7. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recurso ordinario e de revisión.

Parte específica.

Tema 1. Contorno regulamentario en Europa. Directivas e resolucións da UE. Libros verdes. Programas de investigación e desenvolvemento en telecomunicacións.

Tema 2. Contorno regulamentario en España. Lei de ordenación das telecomunicacións. Plan nacional de telecomunicacións. Contrato Estado-Telefónica. Lei de telecomunicacións por cable.

Tema 3. Contorno regulamentario en Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma.

Tema 4. Redes e servicios de telecomunicacións en Galicia. Redes públicas telefónicas. Rede de Retevisión e OACT. Rede de difusión de CRTVG e rede oficial da Xunta. Rede de voz e datos da Xunta.

Tema 5. Convenios entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España en materia de telecomunicacións.

Tema 6. Comunicacións móbiles. Telefonía celular analóxica e dixital. GSM. Telefonía inalámbrica. DECT. Radiomensaxería. Telefonía en grupo cerrado. Comunicacións móbiles de terceira xeración.

Tema 7. Redes telefónicas. Rede telefónica básica. Iberpac. Ibermic. Rede intelixente. Rede dixital de servicios integrados.

Tema 8. Redes de fibra óptica. Modo de transferencia asíncrona (ATM). Xerarquía dixital síncrona (SDH). Redes de banda ampla.

Tema 9. Comunicacións vía satélite. Servicios VSAT. Hispasat. Comunicacións móbiles vía satélite.

Tema 10. Redes de ordenadores. Redes de área local, área metropolitana e área estendida. Topoloxía e cables. Internet.

Tema. 11. Investigación e desenvolvemento en telecomunicacións en Galicia. Liñas de traballo. Fontes de financiamento. Indicadores comparados. Perspectivas.

Tema 12. As telecomunicacións na empresa galega. Principais industrias do sector. Servicios e necesidades das PEMES. Experiencias en Galicia.

ANEXO II

(Continuación)

Instruccións para o/a interesado/a

Instruccións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo utilizando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscas.

-Non esqueza asina-lo impreso.

Provincia de nacemento. Consigne o texto e o código correspondente, tomando en consideración:

01 Álava14 Córdoba27 Lugo40 Segovia
02 Albacete15 A Coruña28 Madrid41 Sevilla
03 Alacante16 Cuenca29 Málaga42 Soria
04 Almería17 Xirona30 Murcia43 Tarragona
05 Ávila18 Granada31 Navarra44 Teruel
06 Badaxoz19 Guadalaxara32 Ourense45 Toledo
07 Baleares20 Guipúscoa33 Asturias46 Valencia
08 Barcelona21 Huelva34 Palencia47 Valladolid
09 Burgos22 Huesca35 As Palmas48 Biscaia
10 Cáceres23 Xaén36 Pontevedra49 Zamora
11 Cádiz24 León37 Salamanca50 Zaragoza
12 Castellón25 Lleida38 Tenerife51 Ceuta
13 Cidade Real26 A Rioxa39 Cantabria52 Melilla

96-1830