Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación do estudio de detalle I-07 Ourense.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 28 de febreiro de 1995 a modificación do estudio de detalle I-07 Ourense (expediente número 3490/411), sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábiles, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de febreiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.