Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle na rúa Arquitecto Gómez Román, en Oia.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 23 de decembro de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle na rúa Arquitecto Gómez Román, San Miguel de Oia, (3726/411), formulado por Rosa María Siegel e redactado polo arquitecto Jaime Riera Nieves, visado polo COAG con datas do 17 e 28 de agosto de 1995.

Acordouse, así mesmo, aprobar inicialmente a delimitación dunha unidade de actuación co ámbito limitado ás parcelas incluídas no ámbito do estudio de detalle nas que non hai edificacións, e fíxase como sistema de actuación ou de compensación. O 15% poderá substituírse polo seu equivalente en metálico.

Suspéndense, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificación e demolición, na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, cos seguintes límites:

Norte: rúa Arquitecto Gómez Román.

Sur: U.A. Canabido.

Leste: propiedade de Alejandro Román Pereira.

Oeste: propiedade de Ventura González Iglesias e María Costas Beiro.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da casa do concello, ademais das notificacións personais ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata o fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

1308