Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN da Comisión de Goberno Municipal da Coruña pola que se anuncia concurso para a subministración de material deportivo.

Obxecto: suministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais. (Ref. S96/4).

Tipo de licitación: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Garantías: provisional 100.000 ptas; definitiva 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona ...., veciño/a de ...., con domicilio en ...., provisto de DNI nº ...., en representación de ...., con domicilio en .... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a subministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de .... pesetas (IVE incluído) e no prazo de ....

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Pliego de condicións: poderase examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 1 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

1799