Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 104/1996, do 29 de febreiro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo).

As parroquias de Piñeira e Vilaselán, que pertencen ó concello de Ribadeo, están situadas no norte da provincia de Lugo, e resultan afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 497 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos das ditas parroquias, posta de manifesto polos agricultores destas mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, e deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos das parroquias de Piñeira e Vilaselán (Ribadeo-Lugo). O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó abeiro dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explo

tacións agrarias, e, en concreto, as que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parlaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las disposicións complementarias que requiran a execución do presente decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérrez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

1634