Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 99/1996, do 29 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación a liña eléctrica a 15/20 kV ó C.T. de Cadrelo, no concello de Marín (Pontevedra). (Expediente número 86/1991 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 692 m de lonxitude, conductor LA-30, apoios formigón e metálicos e tomas de terra, co orixe na subestación na liña eléctrica Mourente-Busto e remate no C.T. que se proxecta en Cadrelo, percorrendo terreos do termo municipal de Marín (Pontevedra). (Expediente número 86/1991 A.T.).

A dita instalación autorizouse, declarourse de utilidade pública, e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 21-6-1991, que foi obxecto de publicación inseíndose no DOG do 11-9-1991, no BOP de Pontevedra do 12-9-1991, e no BOE do 14-8-1991.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1996, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicabe ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición trantioria

segundo da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no xornal diario Diario 16 de Galicia do 27-2-1993, no BOP do Pontevedra 9-3-1993, no DOG do 10-3-1993, e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Marín e nos da delegación provincial referida; ó mesmo tempo, na forma regulamentaria, notifóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu a trámite de iformación pública non se formularon alegacións nin se produciu incidente de ningún tipo.

Unha vez efectuada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, a insepcción sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1996, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da sevidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en mateira de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966. do 20 de outubro, declárase urxente a ocupaciónde terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da citada lei, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de alimentación ó C.T. de Cadrelo.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Marín (Pontevedra), e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

1631