Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995 pola que se aproba o plan estratéxico presentado pola empresa Gamesa denominado P.E.E. Gamesa (IN660A 95/8-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Gamesa, con domicilio social na r/ Portal de Gamarra, 40 Vitoria, 01013 Álava, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Gamesa, onde se recolle o programa de actuacións a desenvolver por un período de 10 anos, cun investimento global estimado de 84.000 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG e BOE de data 21 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Endesa-Made, Sea West España S.A., Ecotecnia SCCL, Desarollos Eolicos S.A., Energía Eólica de Galicia, Parque Eólico de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales e Hidroener.

Considerando que no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada seguíronse os seguintes criterios de avaliación dos planes eólicos afectados:

-Planificación enerxética

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Aportación tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, en base o Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aprobar o plan eólico estratéxico P.E.E. Gamesa referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 600 MW.

A presente resolución supón o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a administración e a Gamesa, sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de conformidade coas seguintes condicións:

Primeira.-Gamesa realizará a investigación de 2 ou 3 áreas ó ano, cun investimento de 3.500.000 pesetas por área, debendo presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Gamesa iniciará a execución do plan industrial en febreiro de 1996, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a administración solicita-la documentación que coide pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para o montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola dirección Xeral de Industria, ou ben

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifica, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Gamesa poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación previa autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 na súa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

A PastorizaAbadín, Mondoñedo, A Pastoriza, Riotorto0.624.000 4.806.000

0.639.000 4.806.000

0.639.000 4.800.000

0.629.600 4.800.000

0.629.230 4.801.500

0.624.780 4.800.640

0.624.902 4.800.000

0.624.000 4.800.000

Serra do BurgoCastro Caldelas, Montederramo,

Chandrexa de Queixa

0.627.000 4.688.000

0.631.579 4.687.974

0.630.000 4.686.000

0.631.000 4.686.000

0.633.000 4.688.000

0.635.000 4.688.000

0.635.000 4.680.000

0.627.000 4.680.000

Serra de CarbaMuras, Vilalba,

Xermade

0.611.000 4.811.000

0.611.695 4.812.000

0.602.000 4.812.000

0.602.000 4.806.000

0.613.000 4.806.000

0.613.000 4.806.900

0.608.350 4.808.500

0.607.200 4.811.850

0.608.350 4.811.850

0.609.250 4.809.450

0.613.000 4.807.978

0.613.000 4.810.292

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

Monte O TouradoVimianzo, Zas0.496.000 4.763.000

0.506.000 4.763.000

0.506.000 4.772.000

0.496.875 4.772.000

0.496.000 4.771.300

MurasMuras, Ourol0.607.000 4.823.000

0.607.000 4.813.000

0.600.000 4.813.000

0.600.000 4.816.007

0.604.500 4.815.000

0.604.500 4.817.000

0.600.000 4.818.384

0.600.000 4.823.000

Viveiró (Sta. Mª de Fóra)Viveiro, Xove0.613.000 4.837.000

0.613.000 4.830.000

0.620.000 4.830.000

0.620.000 4.837.000

Serra do RañadoiroFolgoso do Courel, Pedrafita, Triacastela, Samos, As Nogais0.648.000 4.737.000

0.661.000 4.737.000

0.648.000 4.725.000

0.661.000 4.725.000

CoriscadaMañón, Ortigueira, O Vicedo0.599.000 4.842.000

0.605.000 4.842.000

0.599.000 4.834.000

0.605.000 4.834.000

MonteventosoFerrol, Narón0.555.000 4.825.000

0.563.000 4.825.000

0.555.000 4.813.000

0.563.000 4.813.000

M. Treito, Xenela, Pedregal e SiroñaBoiro, Lousame, Rois, Rianxo, Dodro0.514.000 4.736.000

0.522.000 4.736.000

0.514.000 4.725.000

0.522.000 4.725.000

O Pedregal CasteloMuros, Outes0.498.000 4.743.000

0.507.000 4.743.000

0.498.000 4.737.000

0.507.000 4.737.000

Serra de ForgoseloNeda, San Sadurniño, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, A Capela,

Cabanas

0.572.000 4.817.000

0.590.000 4.817.000

0.572.000 4.808.000

0.590.000 4.808.000

M. Festeiros/S.CandánForcarei, Lalín, Silleda, Beariz,

O Irixo

0.555.000 4.724.000

0.567.000 4.724.000

0.555.000 4.707.000

0.567.000 4.707.000

Serra do CandoCotobade, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Avión, Beariz0.546.000 4.710.000

0.555.000 4.710.000

0.546.000 4.697.000

0.555.000 4.697.000

Serra do GaliñeiroGondomar, Vigo, Mos, O Porriño, Tui0.523.000 4.667.000

0.529.000 4.667.000

0.523.000 4.657.000

0.529.000 4.657.000

Monte CasteloVila de Cruces, Lalín0.566.000 4.734.000

0.571.000 4.734.000

0.566.000 4.729.000

0.571.000 4.729.000

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

Monte XesteirosCuntis, A Estrada, Valga, Padrón,

Pontecesures

0.532.000 4.732.000

0.537.000 4.732.000

0.532.000 4.724.000

0.537.000 4.724.000

Serra da LobaAranga, Monfero, Guitiriz0.585.000 4.799.000

0.590.000 4.799.000

0.585.000 4.790.000

0.590.000 4.790.000

Serra de MeiraRiotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, Pol,

A Pastoriza

0.640.000 4.799.000

0.645.000 4.799.000

0.640.000 4.781.000

0.645.000 4.781.000

A PastorizaA Pastoriza0.627.000 4.800.000

0.637.000 4.800.000

0.627.000 4.792.000

0.637.000 4.792.000

ANEXO II

DOCUMENTO DE SÍNTESE

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 84.000 millóns de ptas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Gamesa realizará a investigación de 2 ou 3 áreas ó ano facendo un investimento de 3.500.000 ptas. por área, alcanzando un investimento global de 10.500.000 ptas./ano.

Gamesa usará como entidade colaboradora para a investigación a empresa galega Gestenga, debendo non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación.

-Plan industrial.

A empresa Gamesa, desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións no referente a novas instalacións.

FábricaLocalidadeInvestimento

(m/ptas.)

Estimación de

emprego

Inicio de

construcción

Data de

operación

Producción

Ud./ano

EdificaciónMedios de

producción

PasAs Somozas60070033Xuño 1996Xaneiro 1997450

TorresO Porriño

A Coruña

*****100

EnsamblaxeOurense

Santiago de

Compostela

25015027Febreiro 1996Xuño 199680-100

Total385085060

* Acordo cun fabricante local. Negociacións actuais con Censa e Emesa.

Así mesmo, o grupo Gamesa realizará o 74% da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas implantadas en Galicia segundo se analiza na seguinte táboa resumo:

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Pas2619,5
Torres1612
Multiplicadores1713
Chasis75

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Buxe mecanizado21,5
Eixe mecanizado21,5
Coroa mecanizada11
Capota e protector do buxe11
Varios e outros21,5
Total7456
Obra civil e enxeñería12
Infraestructura eléctrica (B)8
Montaxe e transporte (C)4
Subtotal A+B+C24
% do investimento total en Galicia80

Así mesmo, a porcentaxe total do investimento a realizar en Galicia na que se inclúe: obra civil e enxeñería, infraestructura eléctrica e montaxe e transporte é do 80%.

-Cronograma de actuación industrial.

Neste apartado exponse de maneira resumida o calendario de compras/producción que a empresa Gamesa desenvolverá para acada-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou anteriormente.

Mes/ano% de

fabricación

en Galicia

%

acumulada

Compoñentes

Setembro 19963131Torres, ensamblaxe, chasis e varios
Xaneiro 19972657Anteriores e palas
Xullo 19971774Tódolos relacionados
Total7474

96-1301