Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.091

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (394/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 00394/1995, sobre reclamación de cantidade, no cal é demandante Banco de Galicia, S.A. e demandado Comercial Esal, S.L., Manuel Ángel Álvarez Rodríguez, Hortensia González Pereiro, Jesús González Espasandín e Lourdes Iglesias Otero, sendo a contía do asunto a de 8.562.609 ptas. de principal, máis 4.000.000 de ptas. calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate ó demandado Comercial Esal, S.L., Manuel Ángel Álvarez Rodríguez e Hortensia González Pereiro, para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido que, de non efectualo, saerá declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións cós que determine a lei. Notifíqueselle o embargo dos seguintes bens:

Da propiedade de Comercial Esal, S.L.: mercedes Benz, C-5223-AL, modelo MB 180, Mercedes Benz MB 140, C-4375-AK; Renault express diesel, C-1222-AH.

Predio rústico secaño de 66 áreas e 77 centiáreas no sitio de Palgueiro de Arriba, concello de Ames, inscrita o tomo 746, libro 182 de Ames, folio 206, predio 14.386, inscrición 8ª. Dereitos de traspaso, nave industrial, maquinaria e utensilios e mercadoría de venda a que se adica a industria, situada na Vía Faraday, parcela 35, polígono industrial do Tambre, A-1, Santiago de Compostela.

Da propiedade de Manuel Ángel Álvarez Rodríguez e Hortensia González Pereiro: parcela de terreo no termo de Santiago de Compostela, polígono industrial do Tambre de 582,80 metros cadrados na que se atopa construída unha nave industrial, alugada a Comercial Esal, predio 4.443, folio 57 do libro 54, sección 2ª, tomo 1.012. Propiedade indivisa dae Manuel Ángel Álvarez Rodríguez denominada As Nogueiras, sita en Escairón (Lugo) de 5 áreas, 34 centiáreas, linda: norte, Manuel Rodríguez; este, Ramona Rodríguez; sur, Pedro Guitián e oeste, Otilia Prado e herdeiros de Eusebio López. Predio denominado en Vilasante, Escairón, (Lugo), de 6 áreas, proindivisa con Luis Álvarez Rodríguez, linda: norte, Manuel Rodríguez; este, Otilia Prado; oeste, predio Nogueiras, propiedade dos compradores e sur, Pedro Guitián. Rover M, C-2932-AD.

Faise constar que se realizou o embargo sobre ben dos demandados, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Comercial Esal, S.L., Manuel Ángel Álvarez Rodríguez e Hortensia González Pereiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

1434