Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. na Goulla II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Tibo-Lois, rematando no C.T. que se proxecta na Goulla II, concello de Meis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais:
L.M.T., aérea, a 20 kV, de 521 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
R.B.T., aérea, de 410 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de fibra de vidro.
Orzamento: 4.618.001 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 25 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1344