Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de febreiro de 1996 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

1º.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

2º.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

3º.-As solicitudes dirixiranse por escrito á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

4º.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae, e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

5º.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-los postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde funcionarios con destino na Administración Xeral do

Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estean nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, tramitaránselle-los seus destinos a esta Comunidade Autónoma, e unha vez concedidos pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle-los postos para os que foron seleccionados.

6º.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

7º.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

8º.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

Núm.

posto

Código do postoNivelC. espec.GruposCorpo/Esc.Denominación do postoDependenciaLocalidadeT.Títulos

Méritos:

C.Cursos

B. Experiencia

Requisitos

indispensables

1 FA.C99.10.000.36560.0062 28 1.376.844 A/B Xeral Servicio de Administración

e contratación

Delegación

Provincial

de Pontevedra

Vigo
2FA.C99.10.000.15001.00116 491.748C/DXeralSecretario/a Delegado

provincial

Delegación

Provincial

da Coruña

A CoruñaE. Mecanografía

1315