Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio de dúas bateas de cultivo de mexillón denominadas Jumaca número 3 e Jumaca número 5, a favor de Javier Antonio Caamaño Zubiela e Ana Isabel Filloy Lorenzo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Jumaca nº 3

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 23

Data da concesión: 27-5-1974

Data do remate da última prórroga: 26-6-2004

Nome da batea: Jumaca nº 5

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 71.

Data da concesión: 27-5-1974

Data do remate da última prórroga: 26-6-2004

Anteriores concesionarios: Juan Manuel Caamaño Caamaño e Mª Carmen Zubiela Sieira.

Novos titulares das concesións e bateas: Javier Antonio Caamaño Zubiela e Ana Isabel Filloy Lorenzo.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

676