Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación urxente, do servicio de seguridade na Unidade de Cirurxía de Ciclo Rápido Cíes e no almacén do complexo hospitalario. (Expediente CP 3/1996).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o disposto no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

1.-Obxecto: servicio de seguridade na Unidade de Cirurxía de Ciclo Rápido Cíes e no almacén do complexo hospitalario.

2.-Orzamento: 16.886.730 ptas., IVE incluído, para o ano completo de 1996, rateándose debidamente polos meses de prestación efectiva do servicio (1.407.227 ptas./mes).

3.-Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1996, prorrogable de acordo co establecido no artigo 119 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4.-Admisión de variantes: non se admiten.

5.-Garantía provisional: 337.734 ptas.

6.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7.-Solvencia económica e financeira: non se esixe.

8.-Solvencia técnica: non se esixe.

9.-Clasificación: a sinalada no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares. (grupo: III; subgrupo: 2; categoría: A).

10.-Criterios de adxudicación:

1.-Prezo ................... ata 5 puntos

2.-Funcionalidade .......... ata 3 puntos

3.-Calidade do servicio .... ata 2 puntos

11.-Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cies, rúa Pizarro, 22 -36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas e no teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12.-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado

a partir do seguinte ó da publicación de esta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado.

13.-Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no PCAP.

14.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarao a mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

15.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán de conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 12 de febreiro de 1996.

Xoán Xosé Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

1585