Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1996 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para o deseño, a confección, a maquetación, a impresión e maila entrega á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de: 5.000 exemplares dos números 11 a 13 da Revista Galega do Ensino no ano 1996; 5.000 exemplares dos números 14 a 16 da Revista Galega do Ensino no ano 1997.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato arriba indicado (e que, xunto coa demais documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00, faise público:

Obxecto: deseño, confección, maquetación, impresión e entrega á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de: 5.000 exemplares dos números 11 a 13 da Revista galega do ensino no ano 1996; 5.000 exemplares dos números 14 a 16 da Revista galega do ensino no ano 1997.

Orzamento: 21.000.000 de ptas. IVE incluído.

Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador ou a persoa que o represente no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, ata as 14 horas do día 20 de marzo de 1996.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 25 de marzo de 1996.

Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

1341