Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO de anuncio de concurso con procedemento aberto, trámite de urxencia.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 11 de xaneiro de 1996, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares, o cal se expón ó público no prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que poidan presentarse reclamacións da obra da rede de acondicionamento e apertura de camiños forestais.

Simultaneamente, anúnciase concurso público con procedemento aberto, trámite urxencia, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de cláusulas particulares.

Obxecto: anúnciase concurso público con procedemento aberto, trámite urxencia, da obra: rede de acondicionamento e apertura camiños forestais.

Orzamento: 13.167.764 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: 263.355 ptas.

Fianza definitiva: o contratista virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento.

Cando a adxudicación se realice a prol do empresario cunha proposición que estivese incursa inicialmente en presunción de temeridade, esixiráselle unha garantía definitiva por importe total do contrato adxudicado.

Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación son os relacionados por orde decrecente de importancia que se lle atribúe:

1) Oferta económica. 2) Reducción de prazos na execución das obras. 3) Obras de natureza análoga. 4) Relación de equipos maquinaria e medios auxiliares que deberán ser suficientes para o normal desenvolvemento e remate das obras en condicións e prazos ofrecidos.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«D/Dª..., con domicilio en..., rúa... nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúe) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto, trámite de urxencia, convocado polo Concello de Santa Comba para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de..., e para estes efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (Asinado)».

Modelo de sobre:

«Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de..., presentado por...

En..., a... de... de 199...

O/a licitador/a (Asinado).»

Exposición de pregos: na Secretaría Xeral do Concello de Santa Comba, en días laborables das 9 ás 14 horas, poderá examinarse a documentación administrativa e técnica.

Prazo e lugar de presentación de plicas: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santa Comba, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: o acto público de apertura de proposicións celebrarase ás 13 horas do día primeiro hábil seguinte ó do termo da presentación de proposicións. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo, terá lugar ó día seguinte hábil.

Santa Comba, 26 de febreiro de 1996.

José Martínez Dovale

Secretario