I. Obxecto e orzamento: subministración de material necesario para a realización de placas, para o programa galego de detección precoz do cancro de mama, polo importe máximo de 10.500.850 ptas., IVE incluído.
II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
IV. Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.
VI. Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
VII. Clasificación: non se esixe.
VIII. Admisión de variantes: non se admiten.
IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.
X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
1289