Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de l996, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público número 1/1996 para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Noia.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto polo trámite urxenta para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Noia:

1. Obxecto e orzamento:

1.1. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Noia 1/1996, por un orzamento total máximo para un ano de catro millons oitocentas mil pesetas, ( 4.800.000 ptas.).

2. Prazo de execución: a prestación do servicio deberá comezar no prazo de 30 días, como máximo, contados desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1996.

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira:

Xustificarase mediante o previsto no apartado a/ do Art. 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

b) Se, por razóns xustificadas, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Administración, conforme o estipulado no Art. 16 da Lei 13/95.

5. Solvencia técnica: acreditarase:

Xustificarase mediante a documentación dos documentos que se mencionan no apartado b) do Art. 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

6. Criterios de adxudicación:

1. Prezo.

A calidade técnica da oferta na que se avaliará.

2. Nº de persoas que se farán cargo do servicio de limpeza.

3. Programación de seguimento control e avaliación do servicio.

Para a valoración que se asignará no punto 2 considerarase:

-A distribución do persoal.

-O plan de substitucións e vacacións.

Todos e cada un dos criterios indicados ponderaranse do 1 o 5.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados na sección de contratación administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono (981) 59 36 23 Ext. 217 e fax (981) 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas: provisional, o dous por cento dos orzamentos das licitacións, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

Manuel Dominguez Sardiña

Director xerente da Xerencia de Atencion Primaria de Santiago de Compostela

1286