En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Agentes Marpol que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas situadas na Comunidade Autónoma galega, sempre que a súa actividade preferente sexa a recolleita, almacenamento e tratamento de productos tóxicos e perigosos, así como calquera tipo de residuos procedentes dos buques, segundo o convenio Marpol.
Asinan a acta de constitución: Víctor Leal Pita e seis persoas máis.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
1378