Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de febreiro de 1996, da Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas, de notificación da convocatoria de visita de recoñecemento no expediente hidráulico DHT.36.1971, devolta polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

Por medio desta cédula notificaselles ás persoas cos datos persoais e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo a convocatoria de visita de recoñecemento do dereito de aproveitamento de 2.500 l/sg. do río Umia no Concello de Caldas de Reis (Pontevedra), unha vez rematado o trámite de información pública do que foi obxecto no expediente

de extinción da concesión hidráulica que se segue nesta subdirección xeral, tal e como preceptúa o parágrafo 2 do artigo 165 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico (BOE 30-4-1986).

En cumprimento deste artigo, comunícaselles que se ten previsto levar a cabo a antedita visita o día 29 de marzo deste ano, ó redor das 11 horas, para que os interesados comparezan ó acto e poidan realiza-las manifestacións que coiden oportunas, ó tempo que se fagan as comprobacións necesarias.

O lugar de citación é no Concello de Caldas de Reis (Pontevedra) no día e hora indicadas.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados interesados, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1996.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Subdirector xeral de Infraestructuras Hidráulicas

ANEXO

Nº de expediente: DHT.36.1971

Nome e apelidos dos interesados: Ernesto Presser y Damphín e Nicolás Palacios.

Último enderezo coñecido: r/ del Barquillo nº 26 (Madrid) y r/ de la Independencia nº 28 (Zaragoza), respectivamente.

1279