Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.881

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, a José Mª García-Miguel Gallego.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 18 de xaneiro de 1995 (BOE do 8-2), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo, a prol de José Mª García-Miguel Gallego, DNI nº 06.218.134, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Mª García-Miguel Gallego profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingüística xeral, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de febreiro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1198