Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 1996 Páx. 1.839

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (238/1995-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de separación número 238/1995, que se segue neste xulgado por instancia de María Victoria Barreiro Garazo, representada polo procurador Merelles Pérez contra Manuel Domingo Martínes Lema, por medio da presente cédula emprázase o referido demandado con domicilio actual descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos e conteste a demanda, coa prevención que de non facelo será declarado en rebeldía e darase por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado Manuel Domingo Martínez Lema, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela, o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

1494