Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 1996 Páx. 1.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón, denominada Katuxa número 1, a favor de José Ángel Romero Rey e Ramona Herbón España.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Katuxa nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadricula nº 53.

Data da concesión: 19-4-1974.

Data do remate da última prórroga: 14-5-1994.

Anterior concesionario: Concepción Triñanes Triñanes, Camila Outeiral Triñanes, Lourdes Outeiral Triñanes e Manuel Outeiral Triñanes.

Novo titular da concesión e batea: José Ángel Romero Rey e Ramona Herbón España.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 9 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

1223