Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a rede de voz e datos da Universidade da Coruña (expediente número 3007/1996).

Convócase a concurso público, procedemento aberto, as obras da rede de voz e datos da Universidade da Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propoostas presentarnase no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: trescentos cincuenta millóns de pesetas (350.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas.).

Clasificacion: grupo I, subgrupo 7, categoría E.

Prazo de execución: 4 meses.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña