Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción do centro de saúde de Bembrive, O Meixoeiro en Vigo (Pontevedra).

–Obxecto: redacción de proxecto básico e de

execución.

–Obra: construcción do centro de saúde de Bem-brive–

O Meixoeiro en Vigo (Pontevedra).

–Orzamento da contrata: 3.336.667 ptas.

–Prazo de execución: 1 meses.

–Clasificación do contratista: non se esixe.

–Fianza definitiva: non se esixe.

–Forma de tramitación: urxente.

Exposición dos proxectos:

Poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos

Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos)

edificio administrativo de San Caetano, en Santiago

de Compostela, en días hábiles de 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de prosicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas,

antes das 14 horas do décimo terceiro día natural

a partir da publicación do concurso no Diario Oficial

de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo

100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asi-nado

por eles, a solicitude para participar, así como

a documentación persoal e referencias técnicas, des-critas

no punto 5 do prego de cláusulas adminis-trativas

particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas

dependencias da Dirección Xeral de Recursos Eco-nómicos,

a partir das 10 horas do décimo primeiro

día natural seguinte ó peche do prazo de admisión

de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar

ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán

por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16–6–1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1425 Resolución do 14 de febreiro de 1996, da

Dirección Xeral de Recursos Económicos,

pola que se anuncia contratación, polo sis-tema

de concurso público e procedemento

aberto, para a redacción do proxecto básico

e de execución da construcción do centro

de saúde de Coia, Vigo (Pontevedra).

–Obxecto: redacción de proxecto básico e de

execución.

–Obra: construcción do centro de saúde de Coia,

Vigo (Pontevedra).

–Orzamento da contrata: 7.262.471 ptas.

–Prazo de execución: 1 meses.

–Clasificación do contratista: non se esixe.

–Fianza definitiva: non se esixe.

–Forma de tramitación: urxente.

Exposición dos proxectos:

Poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos

Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos)

edificio administrativo de San Caetano, en Santiago

de Compostela, en días hábiles de 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de prosicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas,

antes das 14 horas do décimo terceiro día natural

a partir da publicación do concurso no Diario Oficial

de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo

100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asi-nado

por eles, a solicitude para participar, así como

a documentación persoal e referencias técnicas, des-critas

no punto 5 do prego de cláusulas adminis-trativas

particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas

dependencias da Dirección Xeral de Recursos Eco-nómicos,

a partir das 10 horas do décimo primeiro

día natural seguinte ó peche do prazo de admisión

de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar

ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán

por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16–6–1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

UNIVERSIDADE DE VIGO

1401

Resolución do 22 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación da subminsitración que se cita (expediente número 10/1996).

O ógano de contratación, unha vez cumpridos os

trámites administrativos correspondentes, resoveu

anunciar mediante procedemento aberto, tramitación

urxente o seguinte concurso público, para a adxu-dicación

da subministración que a continuación se

relaciona:

Obxecto.

Dotación de infraestructura para fisioterapia (ex-pediente

nº 10/1996).

Orzamento de licitación e prazo máximo de

entrega.

Expediente 10/1996: 19.153.000 ptas. IVE incluí-do.

Trinta días naturais.

Licitadores.

Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requi-sitos

esixidos nos pregos de cláusulas administra-tivas

particulares.

Garantías.

As sinaladas nos pregos de cláusulas administra-tivas

particulares.

Prego de cláusulas.

Tódolos interesados poderán consultar ou reco-lle–

los pregos no Servicio de Xestión Económica

e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto,

1–2ª andar, 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14

horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da

Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1–planta baixa,

36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns

a venres.

Prazo de presentación.

O prazo para a recepción das ofertas comezará

o día seguinte ó da publicación da presente reso-lución

no DOG e rematará o décimo terceiro día

natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas.

Terá lugar na Sala de Xuntas do Rectorado, r/

Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás trece horas do

terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do

prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar

en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira

e técnica polos licitadores.

–Solvencia económica e financeira: poderáse acre-ditar

por calquera dos medios a que se refire o artigo

16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

–Solvencia técnica: mostras, descricións e foto-grafías

dos productos que se van subministrar.

Relación das principais subministracións efectua-das

durante os tres últimos anos, indicándose o seu

importe, datas e os destinatarios públicos ou pri-vados,

incorporando os correspondentes certificados

sobre eles.

Información adicional.

O prazo mínimo de garantía dos bens a submi-nistrar

fíxase nun ano a contar dende a recepción

dos mesmos.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta do

adxudicatario.

Vigo, 22 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18-10–1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1402

Resolución do 22 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da concesión do servicio de xestión dunha residencia universitaria na estación de Renfe en Vigo (expediente número 200/1996).

O ógano de contratación, unha vez cumpridos os

trámites administrativos correspondentes, resolveu

anunciar mediante procedemento aberto, tramitación

urxente o seguinte concurso público, para a adxu-dicación

da subministración que a continuación se

relaciona:

Obxecto.

Servicio de Xestión dunha residencia universitaria

na estación de Renfe en Vigo (expediente nº

200/1996).

Canon.

Será o que resulte da adxudicación, sendo o míni-mo

fixado o que se recolle no prego de cláusulas

administrativas.

Garantía e prazo de duración: segundo o indicado

no prego de cláusulas administrativas particulares.

Prego de condicións.

Os interesados poderán consultalos ou solicita–lo

seu envio por correo ó Servicio de Xestión Económica

e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto,

1–2ª andar, 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14

horas de luns a venres.

Lugar de presentación.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da

Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1–planta baixa,

36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns

a venres.

Prazo de presentación.

O prazo para a recepción das ofertas comezará

o día seguinte ó da publicación da presente reso-lución

no DOG e rematará o décimo terceiro día

natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada no prego de cláusulas adminis-trativas.

Apertura de ofertas.

Terá lugar na Sala de Xuntas do Rectorado, r/

Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás trece horas do

terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do

prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar

en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira

e técnica polos licitadores.

Poderase acreditar por un ou varios medios

seguintes:

–Solvencia económica e financeira:

a) Informe de institucións financeiras ou se é o

caso xustificante da existencia dun seguro de indem-nización

pro riscos profesionais.

b) Declaración relativa á cifra de negocios global,

servicios ou traballos realizados pola empresa no

curso dos tres últimos exercicios.

c) Tratándose de sociedades, balances ou extractos

de balances se a súa publicación é obrigatoria no

Estado onde estean establecidas.

–Solvencia técnica:

a) Titulacións académicas e cualificacións profe-sionais

dos empresarios e do persoal de dirección

da empresa e, en particular, do personal responsable

da execución do contrato.

b) Relación dos principais servicios ou traballos

realizados nos tres últimos anos que inclúe importe,

datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Información adicional.

Non se admitirán a presentación de variantes ou

alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta do

adxudicatario.

Vigo, 22 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18-10–1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1403

Resolución do 22 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-lo servicio consistente na xestión dos fondos de tesourería da Universidade de Vigo (expediente número 301/1996).

O órgano de contratación, unha vez cumpridos os

trámites administrativos correspondentes, resolveu

anunciar concurso público, procedemento aberto,

para a contratación do servicio que de seguido se

indica.

Obxecto.

Xestión dos fondos de tesourería da Universidade

de Vigo (expediente nº 301/1996).

Prazo de duración.

O indicado no prego de cláusulas administrativas

particulares.

Prego de condicións.

Os interesados podrán consultalos, ou solicita–lo

seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica

e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto,

1–2ª planta, 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14

horas de luns a venres.

Lugar de presentación.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da

Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa,

36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns

a venres.

Prazo de presentación.

O prazo para a recepción das ofertas comezará

o día seuginte ó da publicación da presnte resolución

no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural

ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada no prego de cláusulas adminis-trativas.

Apertura de ofertas.

Terá lugar na sala de xuntas do rectorado r/ Oporto,

1, Vigo (Pontevedra) ás trece horas do terceiro día

hábil seguinte ó da data de remate do prazo de pre-sentación

de propostas (no caso de cadrar en sábado

terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira

e técnica polo licitador.

Poderá acreditarse por un ou varios dos seguintes

medios:

–Solvencia económica e financeira:

a) Declaración relativa á cifra de negocios global

e de servicios e traballos realizados pola empresa

no curso dos tres últimos exercicios.

b) Tratándose de sociedades, balances ou extractos

de balances e a súa publicación é obrigatoria no

Estado onde estean establecidas.

–Solvencia técnica:

a) Relación dos principais servicios ou traballos

realizados nos últimos tres anos que inclúa importe,

datas e beneficios públicos ou privados deles.

b) Unha declaración que indicque o nº de oficinas

e o promedio anual de persoal de cadro durante

os últimos tres anos.

Información adicional.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta da/s

empresa/s adxudicataria/s.

Vigo, 22 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18–10–1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

841

Anuncio.

O Pleno de la Corporación Municipal, en sesión

ordinaria celebrada o día 18 de xaneiro de 1996,

acordou aprobar definitivamente o expediente de

modificación puntual do plan parcial sector O Cas-triño,

redactado polo arquietecto municipal Eugenio

Jiménez Passolas.

A concreción da proposta de modificación puntual

do dito plan parcial, aprobada definitivamente, é

a seguinte:

«Modifícase o artigo 29 da normativa do plan par-cial,

o texto do cal será:

Artigo 29. Vivenda colectiva ou multifamiliar tipo

A:

Tipo de ordenación: vivenda colectiva.

Parcela mínima: 900 m 2

Altura máxima: 3 plantas sen aproveitamento do

baixo cuberta.

Edificabilidade: 4.700 m 2

Aliñamentos:

A fachada: 0 m.

A lindeiros: 2/5 da altura cun mínimo de 3 m.

Usos admitidos da vivenda: garaxe/aparcamento,

comercial, espectáculos, oficinas, hoteleiro.

Nos plans de proxectos P.1, P.2 e P.3 fanse as

determinacións gráficas precisas».

O que se fai público para xeral coñecemento, de

conformidade co disposto no artigo 124 do R.D.L.

1/1992, texto refundido da Lei do solo e artigo 8

d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación

e distribución de competencias en materia de

urbanismo.

Vilagarcía de Arousa, 30 de xaneiro de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

800

Edicto.

Resultadas infructuosas as xestións realizadas

para notificar a Mundicen, S.L., no domicilio que

consta no expediente, polígono de Actios, s/n, 36400

O Porriño (Pontevedra), procédese, de conformidade

co disposto no parágrafo 4 do artigo 59 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, á notificación da liquidación

de taxas do expediente número 49.012/1994,

mediante a inserción deste anuncio no DOG, e expo-sición

deste no taboleiro de anuncios do concello

do seu último domicilio, liquidación de taxas por

infracción en materia de protección ó consumidor;

o seu texto íntegro consta de manifesto e á súa dis-posición

neste Servicio Territorial de Fomento, Sec-ción

de Consumo, Avda. Requejo, nº 24, portal 5,

baixo, Zamora, advertíndolle que de non comparecer

ou recorrer no prazo de 8 días, contados a partir

do seguinte a esta notificación seguirase a trami-tación

que proceda.

Para que lle sirva de notificación ó interesado díc-tase

o presente edicto en Zamora o vintedous de

xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Juan Seisdedos Robles

Delegado provincial de Zamora da Consejería de

Fomento

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

–Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

–Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

e UNE 36088. Unha probeta. 1.500