Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, para a contratación dunha asistencia/consultoría consistente nos traballos da Enquisa Continua de Ocupación Hoteleira de Galicia 1996.

En virtude das facultades conferidas na vixente

normativa de contratación, anúnciase a licitación

dun contrato de asistencia/consultoría polo proce-demento

de concurso público aberto, suxeito ás

seguintes bases:

1. Obxecto do contrato: contratación dunha asis-tencia/

consultoría consistente na impresión de cues-tionarios,

recollida e gravación de datos da Enquisa

Continua de Ocupación Hoteleira de Galicia 1996.

2. Orzamento: 4.650.000 ptas. IVE incluído.

3. Entidade contratante: Instituto Galego de

Estatística.

4. Procedemento e forma de adxudicación: con-curso

público aberto.

5. Prazo de execución: desde a data da sinatura

do contrato ata o día 12 de decembro.

6. Documentación de interese para os licitadores:

poderán retirala no Negociado do Rexistro do Ins-tituto

Galego de Estadística, r/ Ramón Piñeiro, nº 27

Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas: presentaranse segundo

o modelo que figura no prego de cláusulas admi-nistrativas

particulares, no prazo de 26 días contados

a partir do seguinte o da publicación do presente

anuncio no DOG, no rexistro do Instituto Galego

de Estadística en horario de 9 a 14 h.ou ben na

forma prevista no Art. 100 do Regulamento de con-tratos

do Estado.

8. Apertura de proposicións: o terceiro día seguinte

hábil ó do remate de presentación de proposicións,

ás 12 h nas dependencias do Instituto Galego de

Estatística; en caso de cadrar en sábado, a apertura

terá lugar o día hábil seguinte.

9. Fianza provisoria: 93.000 ptas.

10. Fianza definitiva: 186.000 ptas.

11. O importe do presente anuncio, correrá por

conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estadística

1206