Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da campaña de saneamento gandeiro de 1996 e outros programas sanitarios.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes resolveu convoca–la seguinte

licitación polo sistema de concurso aberto e polo

trámite de urxencia:

Obxecto: contratación de traballos específicos e

concretos non habituais para a realización de actos

clínicos da campaña de saneamento gandeiro de

1996 e outros programas sanitarios, de acordo cos

proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: catrocentas noventa

millóns de pesetas (490.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: exenta.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así

como o prego de cláusulas administrativas particu-lares

estarán á disposición dos licitadores para o

seu exame durante o prazo de presentación de pro-posicións,

os días e horas hábiles de oficina, na

Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias (San Caetano, s/n, San-tiago

de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións

serán entregadas no rexistro xeral da Consellería

de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera

das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi-nistracións

públicas e do procedemento administra-tivo

común, antes das 14 horas do día 15 de marzo

de 1996.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13–12–1993, DOG n º 239,

14–12–1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

1039