Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas coas claves que se citan (OH.088.132/AT e dous máis).

A) Asistencia técnica:

1. Asistencia técnica para inventario e caracte-rización

de verquidos de Galicia–Costa nas concas

dos ríos As Forcadas, Mera, Sor, Landro, Ouro, Cobo

e Masma.

Clave: OH.088.132/AT.

Orzamento: trinta millóns trescentas vinteseis mil

oito pesetas (30.326.008 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

2. Asistencia técnica para inventario e caracte-rización

de verquidos de Galicia–Costa nas concas

dos ríos Mero, Mandeo, Eume, Belelle e Grande de

Xubia.

Clave: OH.088.134/AT.

Orzamento: trinta millóns novecentas setenta e sete

mil cincocentas cincuenta e seis pesetas

(30.977.556 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

3. Asistencia técnica para tramitación, control e

seguimento dos expedientes de determinación do

canon de saneamento.

Clave: OH.088.136/AT.

Orzamento: vintecatro millóns setecentas corenta

e sete mil oitocentas once pesetas (27.747.811

ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

(Declaradas urxentes con base no estalecido no

artigo 72 da Lei de contratos das administracións

públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores:

os pregos de cláusulas administrativas particulares,

así como os pregos de prescricións técnicas estarán

de manifesto e a disposición dos concursantes, para

o seu exame, durante o prazo de presentación das

proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na

Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,

edificios administrativos de San Caetano, Santiago

de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4%

do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na moda-lidade

e polas persoas ou entidades que especifica

a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica

formulada estrictamente conforme o modelo que se

achega ó prego de cláusulas administrativas par-ticulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de propo-sicións:

as proposicións haberán de presentarse en

sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou

envia–las por correo dentro do prazo de admisión

sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regu-lamento

xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará

ás doce horas do décimo quinto día natural, que

non coincida en sábado, seguinte ó da publicación

deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das pro-posicións

será realizada pola mesa de contratación

ás dez horas do décimo día natural que non coincida

en sábado, contado a partir do último día de pre-sentación

de proposicións.

G) Documentos que deben presenta–los licitado-res:

os que figuran no prego de cláusulas adminis-trativas

particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos

adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

P.D. (O. 13–12–1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Terri-torial,

Obras Públicas e Vivenda

1455