Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.737

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (8/1995).

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo exe-cutivo

co número 8/1995, a pedimento do Banco

Central Hispanoamericano, S.A., representado polo

procurador Ricardo García–Piccoli Atanes, contra

Mª Elena Pérez Pérez e Santiago Peman García, en

reclamación de 8.019.864 pesetas de principal, máis

4.000.000 de pesetas, calculadas para xuros, custas

e gastos, e nestas actuacións e por resolución do

día da data, acordouse sacar a poxa pública, por

primeira vez o día oito de abril do ano que andamos,

ás nove trinta horas da mañá, e por termo de vinte

días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1ª.–Para tomar parte na poxa, os licitadores debe-rán

consignar na conta de depósitos e consignacións

deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A.,

oficina principal desta cidade, debendo facilita–lo

número do expediente ou procedemento seguinte:

1590/17/00008/1995, presentado o xustificante de

ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por

100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo

para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

2ª.–Non se admitirán ofertas que non cubran as

dúas terceiras partes do prezo da valoración.

3ª.–Desde a publicación da poxa, ata a súa cele-bración,

poderán facerse ofertas por escrito en prego

pechado, acreditándose ter efectuado o depósito pre-vio

do 20 por 100 indicado antes.

4ª.–Só o executante podera facer oferta en calidade

de cederlle o remate a un terceiro.

5ª.–As cargas anteriores e preferentes ó crédito

do demandante, se existisen, quedarán subsistentes,

sen que se dedique para a súa extinción o prezo

do remate, entendéndose que o rematante as acepta

e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas

que delas se deriven.

6ª.–Os títulos de propiedade dos bens que se sacan

á poxa, atópanse de manifesto na secretaría deste

xulgado, para que poidan ser examinados por quen

desexen tomar parte na poxa, previndo ós licitadores

que deberán conformarse con eles, e que non terán

dereito a esixir ningúns outros.

7ª.–No caso de que houbese que suspender cal-quera

das poxas, trasládase a súa celebración para

a mesma hora do día hábil seguinte dentro da semana

na que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese licitadores

na primeira poxa, siñálase para a celebración da

segunda o oito de maio do ano que andamos, ás

nove trinta horas da mañá, no mesmo lugar, coa

rebaixa do 25% do tipo de valoración, subsistindo

as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese licitadores

na segunda, sinálase para a terceira o día sete de

xuño do presente ano ás nove trinta horas da mañá,

no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo,

debendo os que desexen tomar parte nela, face–lo

depósito previo igual ó sinalado para a segunda,

e persisitindo as demais condicións.

Sírvalle–lo presente edicto de notificación ós

demadandos Mª Elena Pérez Pérez e Santiago Pemán

García, no caso de que resulte negativa a notificación

persoal.

Bens obxecto da poxa.

–Monte Tenza do Viso ou Petón, sito no lugar de

San Paio, parroquia de Sabugueira–Lavacolla, termo

municipal de Santiago de Compostela, cunha super-ficie

de 3.678,62 m 2 . Inscrito no Rexistro da Pro-piedade

de Santiago de Compostela número 1, no

tomo 730, libro 379, folio 212, predio 26.518.

Valorada pericialmente na cantidade de: trescen-tas

sesenta e sete mil novecentas sesenta e dúas

pesetas (367.962 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela o quince de

febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado–xuíz

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

0664