Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.736

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de febreiro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte.

Convocada a provisión, polo sistema de libre desig-nación,

dun posto de traballo vacante na Secretaría

Xeral para o Deporte, por Orde do 10 de agosto

de 1995 (DOG nº 168, do 1 de setembro de 1995),

en uso das facultades e atribucións conferidas no

artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función

pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do

10 de abril, de conformidade co disposto no artigo

27.2º da referida lei, e de acordo co establecido

na base sexta da citada convocatoria, esta consellería

dispón resolve–la citada convocatoria de acordo cos

seguintes apartados:

Primeiro.–Declarar deserto o posto de traballo que

se indica no anexo I da presente orde.

Segundo.–Contra a presente orde os interesados

poderán interpoñer recurso contencioso–administra-tivo

ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

no prazo de dous meses a partir do día da súa publi-cación

no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Denominación: xefe do Servicio Supervisión de

Proxectos e Seguimiento de Obras.

Dependencia: Secretaría Xeneral para o Deporte.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código: PR.P04.00.002.15770.016.

1518