Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996 pola que se convoca o concurso público número 3/1996 para adquisición de cadeiras e complementos con destino á ETSA no campus da Zapateira da Coruña, dependente desta consellería.

Esta consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº 3/1996 para adquisición de cadeiras e complementos con destino á ETSA no campus da Zapateira da Coruña, dependente desta consellería.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. Rúa Nova de Abaixo nº 19-21, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado desde a dita publicación, ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes contado desde a notificación da adxudicación.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 23.416.500 ptas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1394