Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.620

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

De conformidade co disposto estatutariamente, e por acordo do Consello de Administración, convócase asemblea xeral ordinaria da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra para o día vinteún de marzo de mil novecentos noventa e seis, que se celebrará no auditorio, situado no edificio social da entidade, dito na rúa Augusto González Besada, 2 e 4 de Pontevedra (acceso polo polígono de Campolongo), ás dezaoito horas na primeira convocatoria, e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria no mesmo día e en igual lugar ás dezaoito trinta horas, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte orde do día:

1.-Confección da relación de asistentes para a determinación do quórum e subseguinte constitución válida da asemblea.

2.-Apertura da reunión pola Presidencia.

3.-Exame e aprobación, se é o caso, do informe da xestión do Consello de Administración, memoria, balance anual e conta de resultados do exercicio 1995, así como da proposta de aplicación destes ós fins da entidade. Informe de auditores.

4.-Aprobación, se procede, da xestión da comisión delegada de obras sociais perante o exercicio de 1995, así como do orzamento para 1996.

5.-Informe da comisión de control acerda da súa actuación en 1995.

6.-Emisión de cotas participativas, obrigas subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos de tesourería ou calquera outro título financeiro de renda fixa.

7.-Informe sobre a aplicación da reforma do artigo 32 dos estatutos acordada en asemblea de data 8-6-1995.

8.-Cesamento de conselleiros e a súa substitución polos suplentes correspondentes.

9.-Rogos e preguntas.

10.-Acordo sobre aprobación da acta da sesión.

Con quince días de antelación á data da asemblea, os conselleiros xerais terán á súa disposición, na Secretaría Técnica da entidade, toda a documentación necesaria para a análise dos puntos que contén a orde do día establecida.

Pontevedra, 20 de febreiro de 1996.

Manuel Campos Villarino

Presidente do Consello de Administración

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273