Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de 5 de febreiro de 1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto de reordenación do Plan Especial de Reforma Interior do sector de San Diego, unidade de actuación nº 22.

O referido proxecto terá eficacia e entrará en vigor conforme o establecido no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo (DOG nº 134, do 13 de xullo de 1995).

A Coruña, 7 de febreiro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

1107