Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería no fogar da terceira idade de Pontevedra e no centro social de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Esta delegación provincial en virtude do disposto na Orde do 7 de maio de 1994, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería no fogar da 3ª idade de Pontevedra e no centro social de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

1.-Prezo mínimo de explotación: 15.000 ptas. (quince mil pesetas) anuais.

2.-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 10 a 14 horas nos días hábiles.

3.-As propostas económicas axustaranse ó modelo que figura unido como anexo ó prego de cláusulas administrativas.

4.-Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados ou por correo, con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

5.-Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo sétimo día natural ás 14 horas.

6.-Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o decimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo avenida Cánovas del Castillo s/n, ás 10 horas en acto público.

Se cadrase ese día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte.

7.-Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.-O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 8 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra

1362