Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (138/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber, que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 138/1992, sobre reclamación

de cantidade, sendo demandante Caixa de Aforros de Galicia e demandado Eduardo Manuel Fandiño Vázquez, sendo a contía do asunto a de 5.847.775 pesetas do principal, máis 1.800.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, cítase de remate o demandado Eduardo Manuel Fandiño Vázquez para que no prazo de nove días hábiles, a partir da publicación, poida oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido que de non efectualo será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalo, nin facerlle outras notificacións que determine a lei. Notificándolle o embargo dos seguintes bens: parte proporcional do soldo e demais emolumentos que perciba como administrativo na Consellería de Industria e Comercio, con domicilio na rúa Rosa, s/n, Vilagarcía de Arousa.

Faise constar que realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Eduardo Manuel Fandiño Vázquez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

1267