Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996 para a contratación por concurso do plan de regulación do transporte público urbano de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización do plan de regulación do transporte público urbano de Santiago de Compostela.

Modalidade da selección: concurso público por procedemento aberto.

Prazo de execución: nove meses.

Orzamento: 25.000.000 de ptas. (IVE inlcuído).

Garantías: provisional, 500.000 ptas; definitiva, 1.000.000 de ptas.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría B.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 26 días hábiles, a contar desde a derradeira publicación deste anuncio no BOP e DOG. As ofertas presentaranse en tres sobres pechados coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións.

Prego de condicións: estará de manifesto na Sección servicios-contratación perante o prazo de presentación de proposicións.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, ás doce horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con DNI ou CIF nº..., e domicilio en..., rúa..., nº...) toma parte no concurso público para a contratación da asistencia técnica para a redacción do plan de regulación do transporte público urbano de Santiago de Compostela, convocado polo Concello de Santiago de Compostela, e para os efectos fai constar:

a) Que ofrece o prezo de... (en letra e número)... ptas., que supón unha baixa de... (en letra e número) ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan do prego único de condicións económicas, administrativas e técnicas que rexe o concurso.

c) Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral e Seguridade Social.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación anúnciase que se poderán presentar reclamacións ó prego de condicións no prazo de oito días contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, ó abeiro do establecido no artigo 122 do TRRL.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

P.D.

Luis Toxo Ramallo

1º Tte. de alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273