Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 1996 Páx. 1.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1995, prestou aprobación ó expediente de modificación do escudo heráldico do Concello, o que se somete a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que os interesados poidan formular reclamacións a este, e poderase consulta-lo expediente na secretaría do concello.

Marín, 12 de decembro de 1995.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde-presidente

1324