De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza número 20/1995 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión corporal, do departamento de Didácticas Especiais, a favor de María del Pilar Martínez Seijas, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Pilar
Martínez Seijas, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión corporal, do departamento de Didácticas Especiais desta universidade.
A Coruña, 5 de febreiro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
96-892