Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1996 pola que se somete a información pública o prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares para a xestión indirecta do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais na modalidade de concesión administrativa e se anuncia o procedemento aberto para a súa adxudicación, mediante concurso.

Obxecto.

Contratación mediante concurso aberto da xestión indirecta do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais, na modalidade de concesión administrativa.

Duración do contrato.

O contrato de xestión do servicio terá unha duración de dez ou vinte anos contados desde a formalización do contrato, e poderase prorrogar por períodos anuais ata un máximo de cinco anos.

Retribución económica do concesionario.

Non se establece tipo de licitación, polo que os participantes no concurso proporán, na súa oferta, a retribución económica que desexan percibir por metro cúbico de auga facturada especificando o prezo dos diferentes servicios indicados na cláusula 15ª do prego.

Garantía provisional.

Depositarase na caixa da corporación contratante, en calquera das formas establecidas no Art. 36.1º.1) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas na contía de 5.000.000 de ptas.

Documentación.

A esixida na cláusula 25ª do prego único refundido de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial.

Grupo III, subgrupos 5 y 8, categoría D.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral deste concello, durante un prazo de 60 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; se o último día do prazo de presentación coincidese en sábado, quedará prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

O acto de apertura de proposicións económicas será público e terá lugar ás 12 horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación de ofertas; se coincidise en sábado a apertura tería lugar ó seguinte día hábil.

Modelo de proposición.

Axustarase ó modelo oficial que figura na cláusula 26ª do prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas.

Información pública.

O prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas para a xestión indirecta do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais, aprobado polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar no día 25 de xaneiro de 1996, sométese a información pública, xuntamente coa convocatoria da licitación, polo perídodo de trinta días hábiles, computados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e poderanse examinar na Unidade de Contratación e Patrimonio da Secretaría Xeral; no suposto de que se presentaran reclamacións contra o prego único aprobado, a licitación (acto de apertura de proposicións) posporase ata que aquelas se resolvan polo Pleno da Corporación e en todo caso antes de finalización do prazo sinalado para a adxudicación na cláusula 30ª.

Pontevedra, 1 de febreiro de 1996.

Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.