De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección erros nº 112, do 11-5-71), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 49 do Regulamento de caza, en relación co Real decreto
167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do
procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 30 de xaneiro de 1996.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: C-96/0003.
Denunciado: Francisco J. Álvarez Gómez.
DNI: 76.356.461.
Último enderezo coñecido: Ponte do Ba, 7-Loureda. 15142 Arteixo.
Feitos denunciados: cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.
Tipificación Lei de caza:
Artigo: 48.1º 8.
Cualificación: grave.
Sanción proposta: 5.000 multa.
Expediente: C-96/0008.
Denunciado: José C. Castelo Román.
DNI: 32.771.088.
Último enderezo coñecido: Avda. Arteixo, 83 A Coruña.
Feitos denunciados: cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.
Tipificación Lei de caza:
Artigo: 48.1º 8.
Cualificación: grave.
Sanción proposta: 5.000 multa.
1112