Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 14 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á urxente ocupación de bens e dereitos para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3401 A.T.).

Por Resolución do 25 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral da Enerxía, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello de Ministros do 28 de decembro de 1995, publicado no BOE nº 33 do 7 de febreiro de 1996, concedéronselle a Red Eléctrica de España, S.A. os beneficios de expropiación forzosa e a declaración da urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía co alcance do Art. 4º da Lei 10/1966, do 18 de marzo.

Seguindo os trámites regulamentados no Art. 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, faise saber que, transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se practican a cada un dos interesados, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose facer acompañar, se así o consideran conveniente, e á súa custa, dos seus peritos e un notario.

A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas en que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.

A instalación comprendida na expresada resolución é a siguinte:

Expediente nº 3401-A.T.-Liña de transporte de enerxía eléctrica aérea a 400 kV, denominada Mesón-Lindose (fronteira portuguesa), con orixe en Mesón do Vento (A Coruña) e final en alto do Lindoso (fronteira portuguesa). O trazado percorre os concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, O Carballiño, San Amaro, Cenlle, Leiro, Ribadavia, Castrelo de Miño, Cartelle, Ramirás, Gomesende, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo e Lobios (Ourense).

Ourense, 14 de febreiro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-905