Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Sear-Bordóns, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: entre os apoios 1 e 2 da L.M.T. ós CC.TT. Areas monte e Areas praia, rematando no C.T. que se proxecta en Sear-Bordóns, concello de Sanxenxo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais:
L.M.t., aérea, a 20 kV, de 106 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 330 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 3.308.289 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-1046