Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de acondicionamento do aparcadoiro e saneamento no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo).

-Obra: acondicionamento do aparcadoiro e sanemento no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo).

-Orzamento da contrata: 25.119.719 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

-Fianza definitiva: 1.004.789 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursoso Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativa polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.