Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de asistencia técnica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, en reunión celebrada o día 6 de febreiro, acordou adxudica-lo contrato de asistencia técnica para a realización do inventario de bens do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo á empresa Deloitte-Touche polo prezo total de sete millóns cen mil pesetas (7.100.000 pesetas).

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

0916