Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se publican as adxudicacións dos contratos de subministracións e asistencia técnica que se relacionan, realizadas durante o ano 1995.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Adquisición de vinte (20) vehículos todo terreo para uso das policías locais.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento restrinxido.

Adxudicatario: Auto Avión, S.A.

Orzamento: 49.996.000 ptas.

-Adquisición de mobiliario con destino ó xulgado da Estrada (Pontevedra).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: María Martínez Otero, S.A.

Orzamento: 4.124.475 ptas.

-Adquisición de mobiliario con destino ó xulgado de Ponteareas (Pontevedra).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Paz Dismac, S.L.

Orzamento: 4.879.794 ptas.

-Adquisición de diverso material inventariable con destino ós distintos órganos xudiciais radicados nesta Comunidade Autónoma.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Lote 1: dez (10) fotocopiadoras de sobremesa.

Adxudicatario: Cemiga. S.A.

Orzamento: 2.500.000 ptas.

Lote 2: corenta e dúas (42) fotocopiadoras con moble pedestal.

Adxudicatario: Rank Xerox Española, S.A.

Orzamento: 16.745.064 ptas.

Lotes 3 e 4: quince (15) teléfonos/fax de sobremesa e cincuenta (50) máquinas de escribir electrónicas, respectivamente.

Adxudicatario: Canon - copiadoras de Vigo, S.L.

Orzamento: 4.662.040 ptas.

-Adquisición de cen (100) xogos de bandeiras de España e Galicia, interior e exterior, con destino ós órganos xudiciais radicados en Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Mobigal, S.L.

Orzamento: 4.330.000 ptas.

-Adquisición de vintetrés (23) impresoras destinadas á substitución doutras xa instaladas nos órganos xudicias de Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Desarrollo Informático, S.A. - Dinsa.

Orzamento: 4.600.000 ptas.

-Informatización das fiscalías de Lugo e Ourense.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Hardware & Programming de Galicia, S.A.

Orzamento: 16.870.000 ptas.

-Adquisición de sistemas informáticos para os órganos xudiciais de Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento restrinxido.

Adxudicatario: Fujitsu España, S.A.

Orzamento: 75.000.000 de ptas.

-Adquisición dun mínimo de cento vintecinco (125) terminais de radiomensaxería ou buscapersoas con destino a órganos xudiciais de Galicia e clínicas médico-forenses.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Ibérica de Comunicaciones, S.A.

Orzamento: 6.500.000 ptas.

-Asistencia técnica dunha campaña publicitaria de normalización lingüistica na administración local.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Ednaga, S.L.

Orzamento: 9.950.000 ptas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1007