Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCION do 16 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas que se citan (clave AG/SG/94.1.1).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica do novo trazado da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, Treito: Santiago de Compostela-límite Ourense.

Clave: AG/SC/94.1.1.

Orzamento: dezasete millóns trescentas vinteseis mil setecentas oitenta e unha pesetas (17.326.781).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

2. Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitucion analitica do novo trazado da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Treito: límite PO-Ourense.

Clave: AG/SC/94.1.2.

Orzamento: nove millóns oitocentas setenta e unha mil duascentas corenta pesetas (9.871.240).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: rupo I, subgrupo 1, categoria b.

3. Asistencia técnica para a edición da memoria de tráfico da rede de estacións de aforo de vehículos da Xunta de Galicia.

Clave: MT/SC/96.2.

Orzamento: oito millons novecentas setenta e duas mil seiscentas pesetas (8.972.600).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

4. Asistencia técnica ó desvío de servicios afectados con motivo das obras de alargamento e mellora das estradas existentes de ámbito autonómico e pertenencias á Xunta de Galicia.

Clave: SA/SC/96.1.

Orzamento: nove millons novecentas trinta e oito mil oitocentas oitenta pesetas (9.938.880).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas

da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantias que se esixen os licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentacion de proposicions.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme do disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicions.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1013