Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de febreiro de 1996 pola que se convoca para a elección de destino ós aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados por ordes do 24 de febreiro de 1994, para o acceso a distintas escalas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocados procesos selectivos polas ordes do 24 de febreiro de 1994, para o acceso a distintas escalas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, elevadas a definitivas as propostas dos tribunais dos aspirantes que superaron estes e entregada a documentación requirida na Dirección Xeral da Función Pública cómpre convoca-los aspirantes para a elección de destino definitivo, por todo isto esta consellería,

DISPÓN:

1. Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ás escalas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura convocadas por ordes do 24 de febreiro de 1994, para a elección de destino definitivo, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, o día 5 de marzo de 1996 ás 9.30 horas, sendo chamados pola seguinte orde:

-Escala de inspección pesqueira.

-Escala técnica de vixilancia pesqueira.

-Escala de axentes de extensión pesqueira.

-Escala de subinspección pesqueira.

-Escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira:

Especialidade de patróns.

Especialidade de mecánicos.

Especialidade de contramestres.

-Escala básica de vixilancia pesqueira.

En primeiro lugar elixirán dentro de cada escala os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna e a continuación os de acceso libre.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados.

Os aspirantes que superasen o proceso selectivo para o acceso a varias escalas, ó seren chamados

para a elección de destino na escala máis alta, elixirán destino, ou, de non facelo, pasarán á situación de excedencia voluntaria nesa escala, de acordo co artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento correspondente e advertilo no seu momento.

2.-Facer pública a relación dos postos vacantes que poderán ser solicitados polos aspirantes que superaron os procesos selectivos correspondentes. Esta relación atópase exposta nos seguintes lugares:

-Taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Taboleiros das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Taboleiro de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Taboleiros das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1144